Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 368

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2012 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de xornalista, da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en virtude de probas selectivas, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, convocadas pola Resolución do 22 de setembro de 2011 (DOG do 10 de outubro e BOE do 31 de outubro de 2011).

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional de xornalista, grupo I, dúas pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre, convocadas pola Resolución do 22 de setembro de 2011 (DOG do 10 de outubro e BOE do 31 de outubro de 2011), comprobado que as persoas aspirantes reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria,

O reitor, de conformidade co disposto no artigo 87 j) dos Estatutos da USC,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría de xornalista ás persoas que superaron o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (Rúa Nova nº 6, Santiago de Compostela) no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2012

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Categoría laboral: xornalista

Quenda de acceso libre

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

1

33300206-R

Díaz Varela, Noa Susana

2

35322261-B

Castro Sieiro, Roberto David

3

33340509-P

Rodríguez Díaz, Ignacio