Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 238

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (922/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 922/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Hermida Seoane contra Galastur Lugo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse auto o 12.12.2012, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Parte dispositiva

Dispoño:

– Acumular a este procedemento de despedimento/cesamentos en xeral número 922/2012 o procedemento que se tramita no Xulgado do Social número 3 de Lugo, co número 992/2012.

– Librar oficio ao xulgado expresado, requiríndoo para que remita a este xulgado os autos referenciados.

Mantense a data do 8.2.2013, ás 12.00 horas, para a celebración dos actos de conciliación e xuízo.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e é carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta en Banesto, conta nº 2322.0000.30.0922.12.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza O secretario xudicial»

E para que sirva de notificación en forma a Galastur Lugo, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 12 de decembro de 2012

O secretario xudicial