Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 240

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (562/2012).

Francisco Ferreiro Vázquez, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 562/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo Gude Diz contra a empresa Forjas de Santiago, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, condenando solidariamente a Forjas de Santiago, S.L. e a Santín y Otero, S.C., con responsabilidade subsidiaria das socias de Santín y Otero, S.C., Rosa Mª Santín Gómez e Susana Seoane Otero, para o caso de insolvencia desta última e mancomunada entre elas, a estar e pasar pola anterior declaración e a aboar á demandante unha indemnización de 45 días de salario por ano de servizo, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano, polo tempo transcorrido desde o inicio da prestación de servizos de cada un deles ata o 11 de febreiro de 2012 inclusive e unha indemnización de 33 días de salario por ano de servizo desde o 12 de febreiro de 2012 ata a data de firmeza da presente sentenza, que xa se cuantifica en 22.970 euros de indemnización.

Condeno nos mesmos termos (solidariamente a Forjas de Santiago, S.L. e a Santín y Otero, S.C., con responsabilidade subsidiaria das socias de Santín y Otero, S.C., Rosa Mª Santín Gómez e Susana Seoane Otero, para o caso de insolvencia desta última e mancomunada entre elas) a aboar a Ricardo Gude Diz a cantidade de 19.127,04 euros como liquidación das cantidades debidas, máis o 10 % de intereses de amora.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación á mercantil Forjas de Santiago, S.L., en paradoiro descoñecido, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2012

O secretario xudicial