Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 236

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1070/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1070/2010, por instancia de Lamine Sarr, Jorge Luis Cuéllar Roel, Edimar Justino Roza, Jorge César Arango Yaselga contra Ferralla Lois, S.L. e o Fogasa sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza con data do 31.10.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que se acepta a demanda interposta por Lamine Sarr, Jorge Luis Cuéllar Roel, Edimar Justino Roza e Jorge César Arango Yaselga fronte a Ferralla Lois, S.L. e o seu administrador concursal Julio Fernández Maestre, con intervención do Fogasa e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Ferralla Lois, S.L. a lles aboar aos demandantes as seguintes cantidades:

• A Lamine Sarr a cantidade de 5.300,52 euros.

• A Jorge Luis Cuéllar Roel a cantidade de 5.300,52 euros.

• A Edimar Justino Roza a cantidade de 5.300,52 euros.

• A Jorge César Arango Yaselga a cantidade de 5.300,52 euros.

Estas cantidades xerarán o 10 % de xuros moratorios.

Delas responderá, na súa única condición de administrador concursal, Julio Fernández Maestre.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do prazo indicado.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao mesmo tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Ferralla Lois, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 12 de decembro de 2012

A secretaria xudicial