Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 235

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (228/2012).

María Jesús Pérez Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, mediante este anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., fronte a Ivanilson Vieiro Ríos ditouse sentenza o 29 de outubro de 2012, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, as presentes actuacións de xuízo verbal tramitadas co número 228/12, no cal interviñeron como demandante Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., representada pola procuradora dos tribunais Sra. Sánchez Silva e asistida polo letrado Sr. Martínez Olivares, e como demandado Ivanilson Vieiro Ríos en situación de rebeldía procesual, en virtude das seguintes consideracións,

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeneral aplicación,

Dispoño:

Considerar a demanda interposta por Financiera El Corte Inglés EFC, S.A. e, en consecuencia, condénase a Ivanilson Vieiro Ríos a aboar á demandante a suma de 1.877,16 euros, todo iso con expresa imposición de custas á demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún ao ser a contía do procedemento inferior a 3.000 euros.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en forma ao demandado, Ivanilson Vieiro Ríos, en situación de rebeldía e cuxo domicilio se descoñece, expido, selo e asino a presente.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2012

A secretaria xudicial