Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 233

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (1018/2010).

María Jesús Pérez Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, mediante este anuncio.

No presente procedemento seguido por instancia de Bankia, S.A.U., fronte a Jesús Román Vidal ditouse sentenza o 18 de setembro de 2012, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, as presentes actuacións de xuízo ordinario tramitadas co número 1018/2010, en que interviñeron como demandante Bankia, S.A.U. (tras sucesión procesual operada respecto a Caja de Ahorros de Valencia, Castellón y Alicante), representado pola procuradora dos tribunais Sra. Losada Gómez e asistido polo letrado Sr. Zamorano Fernández, e como demandado Jesús Román Vidal en situación de rebeldía, en virtude das seguintes consideracións,

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral aplicación,

Dispoño:

Admitir a demanda interposta por Bankia, S.A.U. (tras sucesión procesual operada respecto a Caixa de Aforros de Valencia, Castelló e Alicante) e, en consecuencia, condénase a Jesús Román Vidal a aboar á demandante a suma de 8.137,54 máis os xuros moratorios pactados desde a interposición da demanda, todo iso con expresa imposición de custas á demandada.

Notifíquese esta resolución a todos os interesados facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días a partir da súa notificación, para a súa posterior resolución pola Audiencia Provincial, logo de depósito da suma de 50 euros.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en forma ao demandado, Jesús Román Vidal, en situación de rebeldía e cuxo domicilio se descoñece, expido, selo e asino a presente.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2012

A secretaria xudicial