Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 227

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4788/2012).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4788/2012-S desta sección, seguido por instancia de Cristina Rey Piñeiro contra o Fogasa, MBE Spain 2000, S.L., Karbert Logística, S.A., Cargo Logistics Store, S.L., Altrans Fast Cargo, S.A., Carolina Paramos Domínguez e Rodolfo Hinrichs Álvarez, sobre despedimento disciplinario, se ditou sentenza coa seguinte resolución literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da traballadora Cristina Rey Piñeiro, contra a sentenza do 29 de febreiro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, nestes autos sobre despedimento, tramitados por instancia da referida recorrente contra as empresas Karbert Logística, S.L., Cargo Logistics Store, S.L., Altrans Fast Cargo, S.A. e contra o Fondo de Garantía Salarial, debemos confirmar e confirmamos integramente esa sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Cargo Logistics Store, S.L., con último domicilio coñecido en Vigo, Gran Vía, nº 170, p-1, 1º D, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 12 de decembro de 2012

A secretaria xudicial