Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 226

IV. Oposicións e concursos

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de decembro de 2012 de convocatoria de proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal.

A entidade pública empresarial Augas de Galicia convoca un proceso selectivo para a contratación, polo sistema de concurso e mediante un contrato de duración determinada, dun/dunha titulado/a superior (enxeñeiro/a de Camiños, Canais e Portos, enxeñeiro/a de Montes ou enxeñeiro/a Medioambiental) para o desenvolvemento do proxecto: Parzaría para o apoio técnico á consolidación da Administración Rexional de Augas do Norte (ARA-Norte), Mozambique (PATCO-ARA-Norte).

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (augasdegalicia.xunta.es) e no taboleiro de anuncios da entidade pública empresarial Augas de Galicia, na praza Camilo Díaz Valiño, nº 7-9, 15781 de Santiago de Compostela.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2012

Francisco Menéndez Iglesias
Director da entidade pública empresarial Augas de Galicia