Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 224

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 16 de outubro de 2012 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Traballo e Benestar mediante Orde do 28 de agosto de 2012 (DOG nº 177, do 17 de setembro), e de conformidade co establecido nas bases da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, á persoa que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Orde desta consellería do 28 de agosto de 2012.

Segundo. O cesamento no actual destino da persoa que obtivo a praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, de se tratar da mesma localidade onde actualmente a persoa preste servizos, ou no prazo dun mes, de se tratar de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas, que, se é o caso, fosen concedidos á citada persoa. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. O xefe da unidade en que cause baixa a persoa, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderá impugnarse directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2012

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

NRP: 3606592946 A2060.

Grupo: A1.

Corpo/escala: superior da Administración da Xunta de Galicia.

Apelidos e nome: Rouco Vilar, Modesto.

Código: TR.A01.00.001.15770.005.

Denominación: xefe/a do servizo de Administración xeral.

Nivel: 28.

Dependencia: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Localidade: Santiago de Compostela.