Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 229

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4789/2012).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 4789/2012-S desta sección, seguido por instancia de Laura Mallada Núñez contra o Fogasa, Karbert Logística, S.A., Cargo Logistics Store, S.L., Altrans Fast Cargo, S.A., Carolina Paramos Domínguez e Rodolfo Hinrichs Álvarez, sobre resolución de contrato, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

Que, con desestimación do recurso interposto por Laura Mallada Núñez, confirmamos a sentenza que con data do 29 de febreiro de 2012 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, pola súa instancia e pola que se acolleu en parte a demanda formulada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Cargo Logistics Store, S.L., con último domicilio coñecido na cidade de Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 12 de decembro de 2012

A secretaria xudicial