Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 85

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2750/2009 CRS).

Secretaría: M. Asunción Barrio Calle.

Número de recurso: recurso de suplicación 2750/2009 CRS.

Materia: reintegro de prestacións.

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Recorridos: T y M Ganain, S.L., Juan Manuel Álvarez Fernández, letrada Beatriz Lago Gómez, Vigo.

Procuradora: sra. Villar Pispieiro, A Coruña.

Sociedad Cooperativa Ganain, BOP.

Miguel Ángel Álvarez Míguez, BOP.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Demanda: 539/2008.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 2750/2009 CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 539/2008 do Xulgado do Social número 4 de Vigo, promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra T y M Ganain, S.L., Juan Manuel Álvarez Fernández, Sociedad Cooperativa Ganain, Miguel Ángel Álvarez Míguez, sobre reintegro de prestacións, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 dos de Vigo, nos presentes autos tramitados por instancia do recorrente fronte aos demandados, Juan Manuel Álvarez Fernández, T y M Ganain, S.L., Sociedad Cooperativa Ganain, Miguel Ángel Álvarez Míguez, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 35 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírteselles ás partes, Sociedad Cooperativa Ganain, Miguel Ángel Álvarez Míguez, a partir deste momento, efectuaránselle as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Sociedad Cooperativa Ganain, Miguel Ángel Álvarez Míguez, con último domicilio coñecido en Camiño Budiño, 1, 36208 Vigo e Cota do Galo, 36, 36713 Tui, Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de novembro de 2012

A secretaria xudicial