Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 84

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 21 de decembro de 2012 polo que se dá publicidade ás resolucións reitorais mediante as que se convocan procesos selectivos para a cobertura temporal dunha praza de técnico superior de Cultivos Mariños e dunha praza de técnico especialista de Cultivos Mariños desta universidade.

En exercicio das competencias que me recoñece a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, a Reitoría da Universidade de Vigo convoca proceso selectivo para a contratación temporal dunha persoa na categoría de técnico superior de Cultivos Mariños e dunha persoa na categoría de técnico especialista de Cultivos Mariños.

A información completa (bases das convocatorias etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (Edificio da Xerencia, Campus das Lagoas-Marcosende, Vigo) e nos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (Edificio Administrativo, Campus Universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus Universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, r/ Torrecedeira, 86), así como no seguinte enderezo electrónico:

http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PAS/emprego/xerais/index.html

Poden obter información e aclarar dúbidas a través do teléfono 986 81 37 62 (Negociado de Selección e Provisión, Servizo de Persoal de Administración e Servizos).

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 9 de xaneiro de 2013.

Vigo, 21 de decembro de 2012

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo