Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 82

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2012 pola que se fai pública a relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión dunha praza de documentalista vacante na relación de postos de traballo de persoal laboral desta universidade, convocada por Resolución do 5 de abril de 2011.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para a provisión dunha praza de documentalista vacante na relación de postos de traballo de persoal laboral desta universidade, convocada pola Resolución do 5 de abril de 2011 (DOG do 5 de maio), e á vista da proposta de persoas aspirantes aprobadas feita polo tribunal que xulga estas probas,

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 16 de xaneiro de 2012,

RESOLVE:

Facer pública a relación definitiva de persoas aprobadas nestas probas selectivas, que son as que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución, e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), a persoa interesada poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o reitor no prazo dun mes, ou directamente recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses na forma e nas condicións que están previstas na lei reguladora da dita xurisdición, que contan a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

A Coruña, 18 de decembro de 2012

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO
Relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión
dunha praza de documentalista, vacante no cadro de persoal laboral de administración
e servizos da Universidade da Coruña, convocada pola Resolución do 5 de abril de 2011 (DOG do 5 de maio)

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación total

32760716-E

Fernández Fernández, María del Mar Rita

Libre

83