Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 87

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5557/2009-JS).

Secretaria: Mª Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 5557/2009 JS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 176/2009 do Xulgado do Social número 3 de Lugo, promovidos por Javier López Fernández contra Ivema Lucus, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos:

Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por Javier López Fernández contra a sentenza ditada o 9.7.2009 polo Xulgado do Social número 3 de Lugo en autos número 176/2009, sobre cantidades, contra Ivema Lucus, S.L., resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos. Seguen as sintaturas e a publicación».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Ivema Lucus, S.L., con último domicilio coñecido en Lugo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 3 de decembro de 2012

A secretaria xudicial