Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 721/2012, do 12 de xullo, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 12 de xullo de 2012, pronunciou a Sentenza 721/2012, ditada no procedemento ordinario nº 4423/2010, interposto por Hortensia Montes Carbajal, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Hortensia Montes Carbajal contra a Orde da CMATI do 4 de xuño de 2010, sobre aprobación definitiva do PXOM de Teo. Anulamos en parte a mencionada Orde do 4 de xuño de 2010, única e exclusivamente no que respecta á clasificación da parcela con referencia catastral 15083A501004500000KQ, pois é contraria a dereito a súa clasificación como solo rústico de protección de augas e débese recoñecer a súa clasificación como solo de expansión de núcleo rural; con desestimación das restantes pretensións; sen facer especial condena en custas.

Esta sentenza é susceptible do recurso ordinario de casación do artigo 86 da LXCA de 1998, que se deberá preparar por escrito e presentar nesta sala no prazo de dez días.

En canto sexa firme esta sentenza, devólvase o expediente administrativo ao centro da súa procedencia, xunto con certificación e comunicación».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2012

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo