Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 99

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de reparación e melloras no Hotel San Clodio, Leiro (Ourense), cofinanciado polo programa opertativo Feder Galicia 2007-2013, T.P. 5.57 (80 %) e FCI (20 %).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión, Fomento e Cooperación.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 28 de setembro de 2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: obras de reparación e melloras no Hotel San Clodio, Leiro (Ourense).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 262.605 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 7 de decembro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 12 de decembro de 2012.

c) Contratista: UTE Benigno Álvarez/Aopil.

d) Importe de adxudicación: 199.711,10 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2012

Por suplencia (Orde 14.9.2012; DOG nº 177, do 17 de setembro)
Secretario xeral de Presidencia
Por delegación de sinatura (Resolución 17.9.2012)
Mª Elena Barca Ramos
Subdirectora xeral de Xestión, Fomento e Cooperación