En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Secretaría Xeral para o Turismo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión, Fomento e Cooperación.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Data de publicación no perfil do contratante: 11 de decembro de 2012.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: obras.
b) Descrición: obras da 3ª fase de mellora e ampliación do novo balneario de Cortegada (Ourense).
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: negociado sen publicidade.
4. Orzamento base de licitación: 118.529,90 euros, IVE excluído.
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 11 de decembro de 2012.
b) Data de formalización do contrato: 12 de decembro de 2012.
c) Contratista: Construcciones y Almacenes M. Viso e Hijos, S.L.
d) Importe de adxudicación: 118.347,11 euros, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexen o procedemento.
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2012
Por suplencia (Orde 14.9.2012; DOG nº 177, do 17 de setembro)
Secretario xeral de Presidencia
Por delegación de sinatura (Resolución 17.9.2012)
Mª Elena Barca Ramos
Subdirectora xeral de Xestión, Fomento e Cooperación