Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 783/2012, do 26 de xullo, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 26 de xullo de 2012, pronunciou a Sentenza 783/2012, ditada no procedemento ordinario nº 4259/2009, interposto polo Concello de Oleiros, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que estimando parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto polo Concello de Oleiros contra a Orde da CPTOPT, do 11 de marzo de 2009, sobre aprobación definitiva do PXOM de Oleiros. Anulamos en parte a mencionada Orde do 11 de marzo de 2009, no aspecto relativo á súa decisión de deixar en suspenso os ámbitos e determinacións afectados polo informe emitido pola Dirección Xeral de Aviación Civil do Ministerio de Fomento o 17 de febreiro de 2009, e dispoñemos que a aprobación definitiva do PXOM de Oleiros se debe ater á pegada sonora aprobada na Resolución do 6 de outubro de 2006 mencionada no fundamento de dereito quinto desta sentenza; sen facer especial condena de custas.

Esta sentenza é susceptible do recurso ordinario de casación do artigo 86 da LXCA de 1998, que se deberá preparar por escrito para presentar nesta Sala no prazo de dez días.

En canto sexa firme, devólvase o expediente administrativo ao centro da súa procedencia, xunto con certificación e comunicación.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2012

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo