Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2012 Páx. 49449

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (863/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 863/2012 por instancia de José Camilo Freire Vázquez contra a empresa Suministros, Importaciones y Mantenimientos, S.A., sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza con data do 4.12.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión:

Estímase parcialmente a demanda interposta por José Camilo Freire Vázquez fronte a Suministros, Importaciones y Mantenimientos, S.A. (Sermicro) e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola empresa Sermicro ao demandante José Camilo Freire Vázquez.

– Condénase a empresa Sermicro a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 35.396,15 euros; o aboamento da dita indemnización determina a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente importan 8.427 euros, aos cales se deberán engadir os que se perciban ata a súa notificación, a razón de 53 euros diarios.

– Condénase a empresa Sermicro a aboar en concepto de salario de xuño de 2012, parte proporcional das pagas extraordinarias, vacacións e indemnización por aviso previo, a cantidade de catro mil douscentos setenta e oito euros con dezaoito céntimos de euro (4.278,18 euros).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Suministros, Importaciones y Mantenimientos, S.A., expido e asino a presente.

A Coruña, 11 de decembro de 2012

O secretario xudicial