De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, a quen non se lle puido facer por correo certificado, a resolución ditada no expediente de multa, por infraccións en materia de espectáculos públicos, cuxo número se cita no anexo.
Contra esta resolución a interesada poderá interpoñer recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.
Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Nova Caixa Galicia, facendo constar o número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
Pontevedra, 7 de decembro de 2012
Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Nome |
DNI/NIF |
Nº expte. |
Precepto infrinxido |
Último domicilio |
Resolución |
María Beatriz Ageitos Buján |
35464189Y |
PO-315/12 NL |
Artigo 23.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro |
R/ Carolinas, 70, 4º A, 36600 Vilagarcía de Arousa |
Multa de 600 € |