Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2012 Páx. 49447

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (PO 114/2012).

Nº de autos: procedemento ordinario 114/2012.

Demandante: Carlos Manuel Mallo Suárez.

Procuradora: María Freire Rodríguez-Sabio.

Demandada: Herminia Sampedro Suárez, Fogasa.

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 114/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Manuel Mallo Suárez contra a empresa Herminia Sampedro Suárez, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decisión:

Que estimando a demanda interposta por Carlos Manuel Mallo Suárez, con DNI 79319148-Z, contra a empresa Herminia Sampedro Suárez, debo declarar e declaro que procede, e condeno a demandada a que lle aboe ao demandante a suma de 1.845,05 € brutos, máis o xuro por mora do 10 %, que só se percibirá con respecto aos conceptos salariais reclamados.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe interpor recurso de suplicación, pois a contía litixiosa da reclamación non excede os 3.000 euros (artigo 191.2.g LRJS).

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Herminia Sampedro Suárez, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de outubro de 2012

A secretaria xudicial