Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2012 Páx. 49445

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (518/2011).

Procedemento: procedemento ordinario 518/2011.

Sobre: reclamación de cantidade.

De: Banco Santander, S.A.

Procurador: Carlos Javier García Brandariz.

Avogado: José Luis Alonso Zato.

Contra: Salvatore Di Piazza López.

María Patiño Junquera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, por medio do presente fago saber que no procedemento ordinario 518/2011 se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Betanzos, 27 de marzo de 2012.

Vistos por min, Emma Mourenza Couto, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos e os do seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo ordinario con número 518/2011, seguidos por instancia de Banco Santander, S.A., representado pola procuradora Sra. Sexto Quintás, en substitución do Sr. García Brandariz e baixo a dirección letrada do Sr. Concheiro Teijido, en substitución do Sr. Alonso Zato, contra Salvatore Di Piazza López, en situación procesual de rebeldía.

Decisión:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola representación procesual de Banco Santander, S.A. fronte a Salvatore Di Piazza López e, en consecuencia, debo condenar e condeno este último a aboarlle á demandante a cantidade de 18.604,61 euros máis os xuros moratorios percibidos por aquela ao tipo do 18,50 % anual desde a data de peche e liquidación da conta de crédito, o día 10 de novembro de 2008 ata o seu completo pagamento, e todo iso con imposición das custas procesuais.

Notifíqueselles a presente ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación que se interporá ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña, e será necesario que para iso se proceda a ingresar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en forma ao demandado rebelde Salvatore Di Piazza López, expídese o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Betanzos, 11 de xuño de 2012

A secretaria xudicial