Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2012 Páx. 49443

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO (366/2010).

Procedemento: procedemento ordinario 366/2010.

Sobre: reclamación de cantidade.

De: Balmonel, S.L.

Procurador: Carlos Javier García Brandariz.

Contra: Residencial Perillo, S.L.

Notificación sentenza.

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Betanzos, 22 de xuño de 2012.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 desta cidade, os presentes autos do xuízo ordinario, seguidos por instancia de Balmonel, S.L. representado polo Sr. García Brandariz, baixo a asistencia letrada da Sra. López Ríos, contra Residencial Perillo, S.L, en situación de rebeldía procesual.

Decisión:

Estímase integramente a demanda presentada polo procurador Sr. García Brandariz, no nome e representación invocada, e condénase a parte demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de oitenta e cinco mil setecentos seis euros con once céntimos (85.706,11 €), máis a cantidade que resulte en concepto de xuros da Lei 3/2004, do 19 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións mercantís, desde o vencemento da obriga de pagamento ata o seu efectivo pagamento, así como ao pagamento das custas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interporse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do dito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 €, o que deberá ser acreditado no momento da presentación do recurso.

Así o acorda, manda e asina M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 3 de Betanzos».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Residencial Perillo, S.L., expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Betanzos, 22 de xuño de 2012

O/a secretario/a