Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2012 Páx. 49441

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4514/2012).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4514/2012 desta sección, seguido por instancia de Andrés Rodríguez Álvarez, Alfonso García Gil, Luis González González, Javier Otero Fernández, Carlos Varela Mato, Javier Vázquez Costa, Manuel Varela Gil, Alfonso Santomé González, Rosa María González Ramos e Javier García Gil contra o Fogasa, Pumade, S.A., Industrias González, S.L., Aisladeza, S.L., Integradora de Servicios, Formación e Innovaciones del Noroeste, S.L., Pazo de Transfontao, S.L., Auregón Proyectos Industriales, S.L., administración concursal de Industrias González, S.L. (señores Feijoo e Mosquera), Extracción y Transformación del Granito, S.L. e Montenor, S.L. sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Andrés Rodríguez Álvarez, Alfonso García Gil, Javier García Gil, Luis González González, Javier Otero Fernández, Carlos Varela Mato, Javier García Costa, Manuel Varela Gil, Alfonso Santomé González e Rosa María González Ramos, contra a Sentenza do 20 de abril de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, no xuízo seguido polos recorrentes contra a entidade mercantil Industrias González, S.L., a entidade mercantil Aisladeza, S.L., a entidade mercantil Integradora de Servicios, Formación e Innovaciones del Noroeste, S.L., a entidade mercantil Extracción y Transformación del Granito, S.L., a entidade mercantil Pazo de Transfontao, S.L., a entidade mercantil Montenor, S.L. e a entidade mercantil Auregón, S.L., en que foi chamado o Fondo de Garantía Salarial, a sala confírmaa integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 300 euros na conta desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 27 de novembro de 2012

O secretario xudicial