Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2012 Páx. 47994

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (672/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 672/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Fraga Castro contra a empresa Preisberk de Construcciones, S.L., Excavaciones y Construcciones Exconcasa, S.L., Inporconsgal, S.L., Imoconstduanfe, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Nº de autos: despedimento/cesamentos en xeral 672/2012.

A Coruña, 30 de novembro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do xulgado e localidade ou provincia A Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante José Manuel Fraga Castro, que comparece asistido do letrado José Nogueira Esmoris, e doutra como demandado Preisberk de Construcciones, S.L., que non comparece, Excavaciones y Construcciones Exconcasa, S.L. que non comparece, Inporconsgal, S.L., que non comparece, Imoconstduanfe, S.L., que non comparece.

En nome do rei.

Ditou a seguinte:

Sentenza 902/2012.

Decisión

1º Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Manuel Fraga Castro fronte ás empresas Excavaciones y construcciones Excongasa, S.L. e Preisberk de Construcciones, S.L., e en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con condena as empresas indicadas a que readmitan inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección das empresas, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo, sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 7.054,60 euros (sete mil cincuenta e catro con sesenta céntimos de euro).

– En concepto de salarios de trámite para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza calculados a razón de 41,62 €/día, e que ata a data da presente sentenza ascenden a euros.

– Ademais, en todo caso, a empresa deberá aboar ao demandante a cantidade de 8.491,98 euros en concepto de prazo de aviso previo incumprido.

3º Absólvense as empresas Inporconsgal, S.L. e Imoconstduanfe, S.L.

4º O Fogasa deberá estar e pasar pola presente resolución nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito, neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0672.12, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533.0000.60.0672.12, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación á empresa Excavaciones y Construcciones Exconcasa, S.L., Imporcongsgal, S.L., e Preisberk de Construcciones, S.L., expídese o presente edicto para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 4 de decembro de 2012

O secretario xudicial