Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2012 Páx. 47997

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (850/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de despedimento obxectivo individual 850/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Sergio Manuel Villar Rubido contra a empresa Transportes Josmaral, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Nº de autos: despedimento obxectivo individual 850/2012.

Na cidade da Coruña, vinte e nove de novembro de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do Xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante Sergio Manuel Villar Rubido, que comparece asistido do letrado Antonio Pousa Merens, e doutra como demandado Transportes Josmaral, S.L., que non comparece, e o Fogasa, que non comparece.

En nome do rei

Ditou a seguinte

Sentenza 895/12

Decisión

1º. Admito a demanda sobre despedimento formulada por Sergio Manuel Villar Rubido fronte á empresa Transportes Josmaral, S.L.U. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do seu despedimento, acordando a extinción da relación laboral con data de efectos da presente resolución e coa obriga da empresa de aboarlle ao demandante unha indemnización de 2.645,58 euros e 690,29 euros polo prazo de aviso previo de quince días incumprido.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito, neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0850.12, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0850.12 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

E para que lle sirva de notificación á empresa Transportes Jomaral, S.L., expídese o presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 4 de decembro de 2012

O secretario xudicial