Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2012 Páx. 47999

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (845/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 845/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Manuel Fernández Cean contra a empresa Díaz y Souto, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Nº de autos: despedimento obxectivo individual 845/2012.

A Coruña, 29 de novembro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do Xulgado e localidade ou provincia A Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante Manuel Fernández Cean, representado polo graduado social Senén Fandiño Ucha, e doutra como demandado Díaz y Souto, S.L., que non comparece

En nome do rei.

Ditou a seguinte:

Sentencia 896/2012.

Decisión.

1º Estimo a demanda sobre despedimento formulado por Manuel Fernández Cean fronte á empresa Díaz y Souto, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do seu despedimento, acordando a extinción da relación laboral con data de efectos da presente resolución e coa obriga da empresa de aboarlle ao demandante unha indemnización de 28.454,39 euros e 660,43 euros polo prazo de aviso previo incumprido.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito, neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0845 12, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533 0000 60 0845 12, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación á empresa Díaz y Souto, S.L., expídese o presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 4 de decembro de 2012

O secretario xudicial