Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2012 Páx. 48001

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (660/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 660/2012 por instancia de Seneyda Serrata Paulion contra Syasa Distribución, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Seneyda Serrata Paulion contra a entidade Syasa Distribución, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto con data de efectos do 4 de maio de 2012 e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a que á súa elección, que deberá manifestar ante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, proceda á inmediata readmisión da traballadora ou lle aboe unha indemnización por despedimento en contía de 953,10 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No caso de que se opte pola readmisión, a empresa demandada deberá aboar ademais á traballadora os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da sentenza que declare a improcedencia ou ata que a demandante tivese encontrado outro emprego, se tal colocación fose anterior á devandita sentenza e o empresario probase o percibido, para o seu desconto dos salarios de tramitación, a razón de 35,30 euros/día.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229 da LRXS. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Syasa Distribución, S.L. co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente.

A Coruña, 3 de decembro de 2012

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial