Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47904

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (724/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 724/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar López Fraga contra Canalonsa Aluminio Lugo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

Que, estimando a demanda interposta por Óscar López Fraga contra a empresa Canalonsa Aluminio Lugo, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante con efectos do 30 de xuño de 2012, e condeno a demandada a que no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución opte entre a readmisión da demandante, nas mesmas condicións que rexían antes do despedimento, ou unha indemnización equivalente a 5.498,07 euros e, no caso da opción pola readmisión, ao aboamento dos salarios de tramitación en contía de 41,97 euros diarios (dos que habería que deducir as cantidades percibidas na empresa en que figura de alta desde o 5 de xullo de 2012). De non optar entre readmisión ou indemnización enténdese que procede a primeira. Procede a absolución do Fogasa sen prexuízo da ulterior responsabilidade que puidese alcanzalo nos casos legalmente previstos.

E para que sirva de notificación en forma a Canalonsa Aluminio Lugo, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 30 de novembro de 2012

O secretario xudicial