Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47905

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1022/2012).

Pola presente e en virtude do acordado en resolución desta data, ditada nos autos de xuízo número 1022/2012, que se tramitan por instancia de María Isabel Fernández Díaz contra O Poliño, S.L., sobre despedimento, cítase a empresa demandada, en ignorado paradoiro, para que ás 11.25 do día 15 de marzo de 2013 compareza na sala de audiencia deste xulgado, sita na rúa Armando Durán, 1, 4ª planta, Sala 9, de Lugo, co obxecto de realizar o acto de conciliación e, de non haber avinza, seguidamente o xuízo. Advírteselle que ao acto para o cal se cita deberá concorrer con todos os medios de proba de que intente valerse e que a falta de asistencia a el non suspenderá a súa realización, e recaerá sobre el o prexuízo que proceda en dereito, co apercibimento que recolle o artigo 59 da LPL, para os efectos de facer posteriores comunicacións.

Así mesmo, cítase o representante legal da empresa demandada para que o día e hora antes sinalados compareza na sala de audiencia deste xulgado co obxecto de practicar interrogatorio de partes, e advírteselle que, caso de non comparecer, se poderán ter por recoñecidos os feitos cuxa fixación como certos lle sexan enteiramente prexudiciais.

A non comparecencia do litigante, sen mediar escusa previa, á práctica da proba de interrogatorio de parte determinará a imposición a este dunha multa de 180 a 600 euros, de conformidade co previsto no artigo 292.1 da LAC.

E para que sirva de citación á empresa O Poliño, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 4 de decembro de 2012

Rafael González Alió
Secretario xudicial