Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47906

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (60/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 60/2011, deste xulgado do social, seguido por instancia de 'Ver PDF' contra as empresas Norquimia, S.A. e Sti Aditrat, S.L., sobre ordinario, se ditou a sentenza con data do 23 de novembro de 2012, cuxo encabezamento e resolución é do seguinte teor literal:

«Sentenza.

A Coruña, 23 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 60/2011, en que foi demandante 'Ver PDF', representada polo letrado Sr. Novo Prego, e demandadas a empresa Norquimia, S.A. e a empresa Sti Aditrat, S.L. Da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por 'Ver PDF' contra a empresa Norquimia, S.A. e a empresa Sti Aditrat, Lda. e, en consecuencia, condeno as empresas Norquimia, S.A. e Sti Aditrat, Lda. ao aboamento solidario a 'Ver PDF' da cantidade de 3.324,53 euros que lle deben.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación á entidade Norquimia, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de decembro de 2012

A secretaria xudicial