Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47908

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (577/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 577/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús de la Iglesia Gómez contra a empresa Construcciones José Carro, S.A., sobre despedimento, se ditou sentenza con data do 23 de novembro de 2012, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 23 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 577/2012, en que foi demandante Jesús de la Iglesia Gómez, representado pola letrada Sra. Posada Vales, e demandada a empresa Construcciones José Carro, S.A. Da mesma maneira foi citado o Fondo de Garantía Salarial.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Jesús de la Iglesia Gómez contra a empresa Construcciones José Carro, S.A. e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato da demandante e condeno a empresa demandada a que, no prazo de 5 días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, co aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a desta sentenza, ascenden á cantidade de 8.924,67 euros, aos cales se lles deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 40,75 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento a Jesús de la Iglesia Gómez da cantidade de 13.080,75 euros, en concepto de indemnización.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación a Construcciones José Carro, S.A., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de decembro de 2012

A secretaria xudicial