Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47910

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (610/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 610/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro Simal Pérez contra a empresa Textyleve Unipessoal Lda., sobre despedimento, se ditou a sentenza, con data do 23 de novembro de 2012, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 23 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 610/2012, en que foi demandante Alejandro Simal Pérez, representado polo letrado Sr. Pedreira Candal, e demandada a empresa Textyleve Unipessoal Lda. Da mesma maneira foi citado o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Alejandro Simal Pérez contra a empresa Textyleve Unipessoal Lda. e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato do demandante e condeno a empresa demandada a que proceda á extinción da relación laboral, con aboamento a Alejandro Simal Pérez da cantidade de 5.040,75 euros, en concepto de indemnización, así como da suma de 1.903,92 euros que lle debe en calidade de salarios e demais conceptos retributivos.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación a entidade Textyleve Unipessoal Lda., en ignorado paradoiro, expido e asino esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de decembro de 2012

A secretaria xudicial