Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47912

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (419/2010).

María Mercedes Pena Moreira, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento 419/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Jesús Fernández Lestón, contra a Mutua Gallega, o Instituto Nacional da Seguridade Social, Construcciones Villar Vilas, S.L., sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Manuel Jesús Fernández Lestón contra a Mutua Gallega e Construcciones Villar Vilas, S.L. e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as demandadas das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Villar Vilas, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2012

A secretaria xudicial