Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47902

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (996/2010 F).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 996/2010 F deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Amado Botana contra a empresa Construnor Estructuras, S.L., sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Xulgado do Social número 2.

A Coruña.

Sentenza: 672/2012.

Autos 996/2010.

Na cidade da Coruña, 10 de setembro de 2012.

Lara M. Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre seguridade social (incapacidade permanente), por instancia de José María Amado Botana, que comparece representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, e contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, que comparecen representados pola letrada Sra. Suárez Berea, a Mutua Asepeyo, que comparece representada polo letrado Sr. Balo Couto, a Mutua Universal Mugenat, que comparece representada pola letrada Sra. Peláez Sabell, e a empresa Construnor Estructuras, S.L., que non comparece, ditou a seguinte

Decisión:

Que desestimando a demanda interposta por José María Amado Botana contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, as mutuas Asepeyo e Universal-Mugenat e a empresa Construnor Estructuras, S.L., debo absolver e absolvo a parte demandada de todos os pedimentos desta.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construnor Estructuras, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de decembro de 2012

María Blanco Aquino
Secretaria xudicial