Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47901

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (673/2010).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 673/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Esther Felipe Pérez, contra as empresas Arancha Garrapucho, S.L. e Banban Kids, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución e a seguinte:

Resolvo que, estimando a demanda formulada por María Esther Felipe Pérez contra as empresas Arancha Garrapucho, S.L. e Banban Kids, S.L., condénoas a que lle aboen a cantidade de dous mil euros (2.000 euros), incrementada co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que é firme.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Arancha Garrapucho, S.L. e Banban Kids, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de decembro de 2012

A secretaria xudicial