Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47900

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (513/2011).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 513/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Breijo Vidal contra a empresa Araouane Hogar, S.L., María Dolores Decoración, S.L. e o Fogasa sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo ditame se xunta:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Laura Breijo Vidal contra as empresas María Dolores Decoración, S.L. e Araouane Hogar, S.L., declaro nulo o despedimento de que foi obxecto o 5 de abril de 2011 e declaro extinguida a relación laboral con data desta sentenza, e condénoas solidariamente a indemnizala pola extinción coa cantidade, salvo erro ou omisión, de catro mil cincuenta e seis euros e cincuenta e tres céntimos (4.056,53 €); e con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da presente resolución, tendo en conta que ascenden a dezanove mil setecentos sesenta e seis euros e trinta e catro céntimos (19.766,34 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o resgardo acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de trescentos euros preceptiva para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Araouane Hogar, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de decembro de 2012

A secretaria xudicial