Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47898

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (215/2012).

No procedemento de referencia ditouse resolución, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

Vistos por Jesús Gómez Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, estes autos de xuízo verbal 215/2012, sobre reclamación de cantidade, seguidos ante este xulgado por instancia da comunidade de propietarios da casa sinalada co número 2 da rúa As Catro Rúas, do Milladoiro, representada polo procurador José Paz Montero e baixo a dirección letrada de Darío Trillo Lema, contra Daniel Campaña Rodríguez, que comparece persoalmente, dítase esta sentenza en virtude dos seguintes:

Resolución.

Estímase integramente a demanda interposta polo comunidade de propietarios da casa sinalada co número 2 da rúa As Catro Rúas, do Milladoiro, representada polo procurador José Paz Montero, contra Daniel Campaña Rodríguez, a quen se condena a aboar á demandante a cantidade de mil cento nove euros con setenta e un céntimos (1.109,71 euros), mais os xuros legais desde a data de presentación da demanda.

Condénase o demandado ao pagamento das custas procesuais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso, por mor do indicado no punto primeiro do artigo 455 da Lei de axuizamento civil, que establece que as sentenzas ditadas en toda clase de xuízo serán apelables, agás as sentenzas ditadas nos xuízos verbais por razón da contía, cando esta non supere os tres mil euros.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentenza publicouna o maxistrado xuíz que a subscribe, tendo lugar en audiencia pública do día da súa data, perante min, a secretaria xudicial, do que dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Daniel Campaña Rodríguez, expídese esta cédula para que lle sirva de notificación.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2012

O/A secretario/a xudicial