Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47897

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ourense

EDICTO (875/2011).

Francisco Javier Crespo Martín, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ourense, fago saber que neste órgano xudicial se seguen autos de procedemento ordinario 875/2011, seguidos por instancia de Valmontmoda, S.L., fronte a Marcos Moda, S.L. e Cándido Rodríguez Eiro, en que se ditou sentenza de data 30.10.2012, cuxa resolución literal é a seguinte:

«Resolvo:

Estimar integramente a demanda formulada pola entidade Valmontmoda, S.L. por medio da súa procuradora Sra. González Mascareñas e baixo a dirección do letrado Sr. Benito Gutiérrez, e, en consecuencia, condenar solidariamente á entidade Marcos Moda, S.L. e á Cándido Rodríguez Eiro a aboar á demandante a cantidade de 23.951,32 euros máis os xuros legais desde a data de interposición da demanda ata a sentenza e desde esta última data e ata o completo pagamento do xuro legal dos cartos incrementado en dous puntos. Todo iso con expresa imposición de custas aos demandados.

Lévese testemuño desta resolución aos autos principais e déixese o orixinal no libro correspondente.

Contra esta resolución poderá interpoñerse neste xulgado recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde a súa notificación. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, ao non ser coñecido o seu domicilio, en virtude do establecido nos artigos 496 e 497 da LAC, notifícaselle a dita resolución por medio deste edicto que se publicará no BOP por conta da parte demandante.

Ourense, 31 de outubro de 2012

O secretario xudicial