Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, pola que se notifica resolución de reintegro de subvención concedida no expediente TR352A 2009/234-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo resolución de reintegro da subvención concedida mediante resolución do director xeral de Promoción do Emprego do 21 de setembro de 2009.

Faise saber que esta resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución ante esta Dirección Xeral de Promoción do Emprego, de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2012

Mª Amparo González Méndez
Directora xeral de Promoción do Emprego

ANEXO

Entidade: Sociedade Deportiva e Cultural Polvorín.

Enderezo: rúa Antonio Rosón, 1, entrechán I, 27002 Lugo.

Nº de expediente: TR352A 2009/234-0.

Data da resolución do expediente de reintegro: 23 de outubro de 2012.

Preceptos incumpridos: artigo 7.2.a) da Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2009, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria; artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 24.635,52 €.