Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 26 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a procedencia de reintegro de axudas e subvencións ao programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, reguladas na Orde do 19 de maio de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 26 de maio), relativa aos expedientes TR345B 2008/10-2 e TR345B 2008/349-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para interpoñeren o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultaren o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obteren, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 26 de novembro de 2012

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR345B 2008/10-2.

Nome: Ana Belén López Dorado.

DNI/NIF: 33336543-K.

Último domicilio coñecido: rolda das Fontiñas, 114-6º B. 27002 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a traballadora contratada ao abeiro deste programa, por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 16 da Orde do 19 de maio de 2008.

Contido da resolución: procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR345B 2008/349-2.

Nome: Costa Lucense de Contenedores, S.L.

DNI/NIF: B-27267194.

Último domicilio coñecido: Escourido, s/n. 27861 Viveiro, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo o traballador contratado ao abeiro deste programa, por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 16 da Orde do 19 de maio de 2008.

Contido da resolución: procedencia de reintegro.