Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 4 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a Montserrat da Costa Grobas para ser notificada por comparecencia en materia de reintegro de pagamentos indebidos.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázase a Montserrat da Costa Grobas para ser notificada por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia efectuarase, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, na sede desta xefatura territorial, sita na praza de Luís Seoane, s/n, 7º andar, do Edificio Administrativo de Monelos, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres (Sección de Nóminas).

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 4 de decembro de 2012

Indalecio Cabana Leira
Xefe territorial da Coruña