Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Láncara (expediente IN407A 2012/93-2, 8061 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Valdriz, S.L.

Domicilio social: r/ Charles Darwin, nº 15, baixo, Perillo, Oleiros.

Denominación: reforzo LBT e cambio de CT Feira.

Situación: concello de Láncara.

Características técnicas:

– Cambio do transformador existente (100 kVA) no CTI Feira por un de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Reforzo da LBT do CT Feira, con orixe no CT e final nun apoio proxectado, cunha lonxitude de 161 metros en condutor RZ-150.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 27 de novembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo