Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fan públicas varias resolucións de recursos de reposición correspondentes a expedientes de reintegro de axudas e subvencións do Programa para a promoción do emprego autónomo, xestionadas nesta xefatura territorial.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Concepción Arenal, 8-2º en Vigo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 27 de novembro de 2012

P.A. (Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
María Peón Fernández
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº de expediente de reintegro: REINT 2011/35-5.

Nome: Julia Pena Crujeiras.

DNI: 52492187T.

Último enderezo coñecido: O Beloso-Cela, 25, Bueu. 36930 Pontevedra.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamentou a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.b) da Orde do 20 de marzo de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2006.

Contido da resolución: resolución de recurso de reposición ao procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente de reintegro: REINT 2011/36-5.