Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47691

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publica a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de secretario/a xeral da Deputación Provincial de Lugo, entre funcionarios con habilitación de carácter estatal.

De conformidade co disposto no artigo 37 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, en concordancia coa disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, e no exercicio da competencia atribuída polo artigo 15.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e a Orde do 22 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias, esta dirección xeral

RESOLVE:

Publicar as bases da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, entre funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, do posto de traballo de secretario/a xeral da Deputación Provincial de Lugo, que se achegan como anexo a esta resolución, conforme as seguintes disposicións:

Primeira. O posto de traballo que se convoca poderá ser solicitado polos funcionarios/as con habilitación de carácter estatal pertencentes á subescala e, de ser o caso, categoría a que está reservado.

Non poderán concorrer á convocatoria os funcionarios/as que se atopen nas situacións previstas nas letras a) e b) do artigo 28 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro.

Segunda. Os interesados dirixirán as súas solicitudes á Corporación convocante, dentro dos quince días naturais seguintes ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, xuntándolle á solicitude a documentación acreditativa de reunir os requisitos para o seu desempeño, nos termos que figuran na convocatoria.

Terceira. Os aspirantes deberán aterse ás bases da convocatoria publicadas neste diario oficial.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2012

PD (Orde 22.9.2011, DOG nº 194, do 10 de outubro)
José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local

ANEXO I
Bases reguladoras da convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, entre funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, do posto de traballo de secretario/a xeral da Deputación Provincial de Lugo

Primeira. Obxecto e sistema de provisión

Estas bases teñen por obxecto rexer a convocatoria pública para cubrir, polo sistema de libre designación previsto no punto 4.2 da disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público e nos artigos 19 e 36 e seguintes do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, o posto de secretario/a xeral da Deputación Provincial de Lugo, reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Segunda. Características do posto de traballo

O posto cuxa provisión se convoca ten a denominación de secretario/a xeral da Deputación Provincial de Lugo ecorresponde á subescala de secretaría de clase primeira, categoría superior.

O nivel de complemento de destino do posto é o 30 e o complemento específico é de 38.245.92 euros anuais (contía fixada para o ano 2012 polo Acordo plenario do 29 de novembro de 2011, aprobado definitivamente polo Acordo plenario do 31 de xaneiro de 2012, publicado no Boletín Oficial da provincia do 1 de febreiro).

Outras características definitorias do perfil que deben cumprir os aspirantes son as sinaladas no anexo II destas bases.

Terceiro. Requisitos para o seu desempeño

Será requisito indispensable para concorrer ao proceso selectivo e poder desenvolver o posto, no caso de ser nomeado, estar integrado na escala de funcionarios de habilitación de carácter estatal, subescala secretaría, categoría superior.

Para o cumprimento do establecido no Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, os aspirantes deberán acreditar, mediante a presentación coa solicitude de participación nesta convocatoria, estar en posesión do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou do seu equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

Aqueles aspirantes que non acrediten estar en posesión do Celga 4 ou equivalente deberán realizar unha proba en que se avaliará co resultado de apto ou non apto o grao de coñecemento de galego, que deberá ser equivalente ao exixido para o Celga 4.

Para estes supostos, o presidente da entidade local encomendará a realización da mencionada proba a dous técnicos especialistas en lingua galega designados polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

Non poderán concorrer á convocatoria os funcionarios que se atopen nas situacións previstas no artigo 28.2, letras a) e b) do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos funcionarios con habilitación de carácter estatal.

En consideración á natureza do sistema de provisión, o nomeamento será realizado discrecionalmente pola presidencia en atención aos méritos libremente achegados polos candidatos (terase en consideración o currículum vitae, que se adapte ao perfil descrito no anexo II destas bases, que deberá xuntarse coa solicitude, así como a experiencia noutros postos de traballo de similares características), e poderá declararse deserta a convocatoria se así o considera oportuno, en uso das atribucións conferidas na lexislación de función pública para este tipo de procedementos de provisión.

Cuarta. Publicación no DOG

A convocatoria será remitida pola presidencia á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Administración Local) para a súa íntegra publicación no Diario Oficial de Galicia e remisión ao Ministerio de Administracións Públicas.

Quinta. Solicitudes

As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse ao presidente da Deputación de Lugo no modelo oficial que se incorpora como anexo III.

Presentaranse no Rexistro Xeral da mesma entidade ou nas oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da norma citada, dentro dos 15 días naturais seguintes ao da publicación íntegra da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Ademais do contido mínimo previsto no artigo 70.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na solicitude deberá indicarse o número de rexistro de persoal e a situación administrativa en que se atope o solicitante, así como o seu destino.

Xunto coa solicitude, os aspirantes achegarán o seu currículum vítae, no cal constarán os títulos académicos, os anos de servizos, os postos de traballo desempeñados na Administración pública, os estudos e cursos realizados, das características e condicións especificadas no anexo II destas bases, o coñecemento da lingua propia da Comunidade Autónoma que deberán acreditar mediante certificación ou copia compulsada dos méritos que aleguen.

Así mesmo, prestarán declaración xurada de reuniren os requisitos legais para participar neste proceso selectivo, así como outros méritos que crean oportuno poñer de manifesto e a súa acreditación documental.

Sexta. Entrevista curricular

De se estimar necesario, o órgano convocante poderá convocar a unha entrevista a todos ou a algún dos aspirantes cando sexa preciso aclarar o contido do currículum vítae e outros aspectos de idoneidade que, xunto cos requisitos mínimos sinalados na base terceira, conformarán a decisión de nomear un dos aspirantes concorrentes para cubrir o posto de secretario xeral da Deputación Provincial de Lugo ou de deixar deserto o citado posto.

Sétima. Resolución e nomeamento

Rematado o prazo de presentación de instancias, o presidente procederá, se é o caso, a ditar a resolución correspondente no prazo dun mes.

O presidente da Deputación Provincial de Lugo poderá solicitar o informe ou informes, non vinculantes, que se consideren necesarios e que poidan axudar a dirimir se, ademais de cumprir as condicións e requisitos indispensables exixidos na convocatoria, o/os aspirante/es cumpren ou non as condicións de idoneidade para a cobertura do posto obxecto desta convocatoria de provisión e que poden servir de base para motivar a resolución que se dite.

Da resolución, que se motivará facendo constar o cumprimento por parte do candidato/a elixido/a dos requisitos e especificacións exixidos nestas bases, darase conta ao Pleno da Deputación e traslado á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia (Dirección Xeral da Administración Local) para a súa anotación e publicación do Diario Oficial de Galicia.

En todo caso, deberá quedar acreditada no procedemento, como fundamento da resolución acordada, a observancia do procedemento legalmente establecido.

O/a funcionario/a nomeado/a para un posto de libre designación poderá ser destituído, con carácter discrecional, polo mesmo órgano que o nomeou, sempre que se lle garanta un posto de traballo da súa subescala e categoría na Corporación, que deberá figurar na relación de postos de traballo e cuxa remuneración non será inferior en máis de dous niveis á do posto de traballo para o cal foi designado/a.

O dito posto de traballo estará clasificado como reservado a habilitados de carácter estatal, terá atribuídas as funcións de colaboración, apoio e asistencia xurídica que lle atribúa o presidente da Corporación e nel poderá permanecer ata obter outro posto polos procedementos de provisión definitiva ou provisional establecidos no Decreto 47/2009, do 26 de febreiro.

Oitava. Prazo de toma de posesión

O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles, se o destino anterior radica na mesma localidade que o do novo destino e dun mes, se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo do funcionario/a.

Este prazo empezarase a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Novena. Resolución en que se declare deserto o posto

No suposto de que o órgano convocante estime que, entre os aspirantes presentados, pese a que algún ou algúns deles reúnan as condicións mínimas exixidas na convocatoria, ningún acada os requisitos de idoneidade necesarios para asumir o posto de secretario xeral da Deputación de Lugo, poderá declarar deserto o posto.

Décima. Impugnación

Contra o acordo de aprobación destas bases, que pon fin á vía administrativa, os interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o presidente da Deputación de Lugo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante os correspondentes órganos xudiciais desta orde, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro que consideren procedente.

ANEXO II

Denominación

Nivel

Complemento específico

Grupo

Requisitos

Perfil

Secretaría Xeral

30

38.245,92 € /ano

A1

Funcionario con habilitación de carácter estatal (categoría superior)

– Doutor en Dereito.

– Máster en Dirección de Administración Local (INAP).

– Curso superior de Dirección Pública Local.

– Experiencia acreditada de máis de 5 anos en Secretaría de entidades locais en capitais de provincia, municipios de gran poboación ou deputacións provinciais que teñan dependentes organismos autónomos, sociedades mercantís e fundacións.

ANEXO III
Solicitude de participación en postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional, para prover polo sistema de libre designación

1. DATOS PERSOAIS

Apelidos

Nome DNI

Enderezo (para efectos de notificacións e comunicacións):

Rúa e número

Código postal e localidade

Provincia Teléfono

NRP:

2. DATOS PROFESIONAIS

Subescala Categoría

Situación administrativa en que se encontra o concursante

Destino actual

Forma e data de nomeamento no destino actual (definitivo ou provisional)

3. DATOS DO POSTO A QUE SE CONCURSA

Entidade local en que radica o posto

Provincia

Denominación do posto

Solicita tomar parte no proceso selectivo para cubrir o posto de ....................................................................................................................................., polo sistema de libre designación, cuxo extracto se fixo público no BOE ..................................., e declara non estar incurso en ningunha das causas de exclusión indicadas na base 2.3.

Lugar, data e sinatura

4. RELACIÓN DE MÉRITOS QUE FAI CONSTAR O ASPIRANTE