Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47687

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorgan destinos aos funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda libre) que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/2370/2011, do 21 de xullo, no ámbito de Galicia.

Os artigos 28 e 29 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, regulan a asignación inicial de postos de traballo e a toma de posesión dos funcionarios de novo ingreso ao servizo da Administración de xustiza.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, esta dirección xeral

resolve:

Primeiro. Adxudicarlles os destinos nos órganos xudiciais, de acordo coa relación que figura como anexo, aos funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa (quenda libre), no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia por Orde do Ministerio de Xustiza do 10 de decembro de 2012.

Segundo. Os funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa, quenda libre, aos cales se lles outorga destino nesta resolución deberán tomar posesión do seu cargo na delegación territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nos seguintes enderezos segundo a provincia onde estea radicado o órgano xudicial en que obtivesen destino:

– Delegación Territorial da Coruña.

Servizo de Xustiza.

Praza de Luís Seoane, s/n, Edificio Administrativo Monelos, 15008 A Coruña.

– Delegación Territorial de Vigo.

Servizo de Xustiza.

Rúa Concepción Arenal, nº 8-4º andar, 36201 Vigo (Pontevedra).

A toma de posesión efectuarase dentro do prazo de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado no caso de que a publicación desta resolución non sexa simultánea en ambos os dous boletíns, consonte o establecido no artigo 29 do citado Real decreto 1451/2005.

Terceiro. Os funcionarios destinados en virtude desta resolución que pertenzan xa ao corpo de tramitación procesual e administrativa ou ao de auxilio xudicial e que opten por continuar en activo nalgún dos devanditos corpos non será necesario que se despracen para tomar posesión do posto de traballo adxudicado, e abonda con que, dentro do prazo de toma de posesión sinalado no punto segundo lle comuniquen á Dirección Xeral de Xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia a dita opción, para os efectos da declaración da excedencia voluntaria prevista no artigo 506.d) da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial. Unha copia da resolución pola que se declaran en situación de excedencia voluntaria seralle remitida ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Medios Persoais da Administración de Xustiza.

Cuarto. No caso de que os funcionarios optasen por ingresar no corpo de xestión procesual e administrativa e quixesen evitar un baleiro na continuidade dos seus servizos na Administración de xustiza, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectuar a toma de posesión, poderán solicitar no organismo competente correspondente ao seu actual destino como funcionarios do corpo de tramitación procesual e administrativa ou de auxilio xudicial, un permiso retribuído dun día se non hai cambio de localidade, ou de dous no caso contrario, bardante daqueles que se teñan que desprazar desde Canarias, Illes Balears, Ceuta ou Melilla, caso en que o permiso poderá ser de ata tres días para tomar posesión do seu novo cargo, que deberá gozarse, en calquera caso, dentro do prazo posesorio. A toma de posesión no novo destino efectuarase durante os días de permiso indicados.

No caso de que o funcionario proceda do ámbito de competencia doutra xerencia territorial ou de comunidades autónomas que recibiran o traspaso de medios persoais, deberase remitir a dita documentación a estes órganos para que procedan a concederlle de oficio a situación de excedencia voluntaria no corpo de tramitación procesual e administrativa ou de auxilio xudicial e mais o cesamento automático coa data do día anterior en que se produza a toma de posesión no corpo de xestión procesual e administrativa, co fin de evitar a interrupción na percepción dos seus haberes.

Quinto. Os funcionarios interinos que actualmente ocupen prazas que lles fosen adxudicadas aos aspirantes aprobados cesarán o mesmo día en que se produza a toma de posesión do titular.

Sexto. En cumprimento da lexislación sobre incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración pública (Lei 53/1984, do 26 de decembro), aplicable ao persoal ao servizo da Administración de xustiza, e en virtude do artigo 498 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, reformada pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, aqueles aspirantes que posúan xa a condición de funcionarios de carreira deberán manifestar a súa opción na acta de toma de posesión.

Sétimo. Os funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa, aos cales se lles outorga destino en virtude desta resolución, aínda que sexan destinados con carácter forzoso pola orde de cualificación segundo as súas preferencias, non poderán participar en concursos de traslados ata que transcorran dous anos desde a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos atenderase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Oitavo. As prazas ofrecidas aos aspirantes mediante a Resolución do 12 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, e non adxudicadas na presente resolución, manteñen a súa condición de desertas, sen prexuízo de que se poidan anunciar como vacantes nun concurso ordinario, se non se promulga oferta de emprego público.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Xustiza, no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo competentes no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial del Estado, segundo o disposto no artigo 9 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2012

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO
Xestión procesual e administrativa, quenda libre

Nº orde

DNI

Apelidos

Nome

Destino adxudicado

Localidade

Provincia

1

53193737

Portela Lora

Paula

Xdo. 1ª Inst. e Instr. nº 1

Cangas

Pontevedra

2

77004237

Garrido Pereira

Silvana María

Xdo. 1ª Inst. e Instr. nº 2 (VSM)

Marín

Pontevedra

3

52931108

Sobrido Regueira

Estrella

Xdo. 1ª Inst. e Instr. nº 1 (VSM)

Tui

Pontevedra

4

76417277

Buján Sesar

Noelia

Xdo. 1ª Inst. e Instr. nº 1

Ribeira

A Coruña

5

47352498

Álvarez Sanz

Antón

Xdo. 1ª Inst. e Instr. nº 3 (VSM)

Cambados

Pontevedra

6

52931610

García Queiruga

Sandra

Xdo. 1ª Inst. e Instr. nº 3

Tui

Pontevedra

7

33339529

Rodríguez Fernández

Raúl

Xdo. 1ª Inst. e Instr. nº 3

Cangas

Pontevedra

Dirección Xeral de Xustiza.

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Praza de Europa, 5, 4ª planta, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela.