Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47698

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de decembro de 2012 pola que se convoca o proceso de selección para o nomeamento de recadador da Zona de Lugo.

Próxima a producirse a vacante de recadador titular da Zona de Lugo, procede convocar, de conformidade co establecido no Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, no cal se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia do Estatuto dos recadadores de zona, o proceso de selección para o nomeamento de recadador de zona.

En consecuencia, e facendo uso da autorización contida na disposición derradeira primeira do mencionado decreto,

DISPOÑO:

Artigo 1

Convócase o proceso de selección para o nomeamento de recadador titular da Zona de Lugo.

Artigo 2

Poderán participar na convocatoria pública de selección os que reúnan as seguintes circunstancias:

a) Pertencer como funcionario de carreira a algún dos corpos seguintes:

1. Á escala superior de finanzas da Comunidade Autónoma de Galicia ou ao corpo superior de inspectores de facenda do Estado.

2. Á escala técnica de finanzas da Comunidade Autónoma de Galicia ou ao corpo técnico de facenda do Estado.

b) Contar cunha antigüidade de catro anos de servizos prestados nas escalas ou corpos do punto anterior.

c) Acharse en posesión do diploma de aptitude para o desempeño do cargo de recadador da Comunidade Autónoma de Galicia ou do Ministerio de Economía e Facenda, ou, no seu defecto, contar cunha experiencia mínima de cinco (5) anos no desempeño de tarefas recadatorias propias de órganos de tal natureza e que se consideren axeitadas e suficientes para a tarefa que se van realizar na prestación do servizo como recadador.

d) Non ter notas desfavorables ou sancións non canceladas ou prescritas nin estar inhabilitado para o exercicio do cargo.

Artigo 3

1. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Tributos desta consellería, conforme o modelo que figura no anexo I, no prazo de 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta orde. Coas solicitudes achegarase a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos a que se refire o punto anterior, así como as certificacións, expedidas polos órganos competentes, en relación coas circunstancias obxecto de baremo previstas no artigo seguinte.

2. Todos os requisitos deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación da solicitude.

Artigo 4

Para a selección do recadador baremaranse as seguintes circunstancias:

a) Por cada ano de antigüidade como funcionario de carreira da escala superior de finanzas da Comunidade Autónoma de Galicia ou do corpo superior de inspectores de facenda do Estado: 0,20 puntos. Por cada ano de antigüidade como funcionario de carreira da escala técnica de finanzas da Comunidade Autónoma de Galicia ou do corpo técnico de facenda do Estado: 0,10 puntos. O límite máximo deste baremo será de 2 puntos.

b) Por cada ano de experiencia no desempeño de funcións recadatorias ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia: 0,20 puntos, cun límite máximo de 1,60 puntos.

c) Por cada ano de experiencia no desempeño de funcións recadatorias ao servizo doutras administracións públicas de carácter territorial ou institucional: 0,10 puntos, cun límite máximo de 1,40 puntos.

d) Posuír o certificado de realización do curso de iniciación da lingua galega ou Celga 3: 0,50 puntos. Posuír o certificado de realización do curso de perfeccionamento da lingua galega ou Celga 4: 1 punto (estes dous certificados non serán acumulables).

e) Os solicitantes someteranse a unha entrevista que versará sobre o funcionamento e as tarefas para desenvolver nunha zona ideal de recadación, que incluirá unha simulación do número de valores cargados e contía destes, así como unha proposta do equipo necesario para a súa xestión. Igualmente, poderán tratarse temas relacionados sobre aspectos puntuais do procedemento recadatorio en vía de constrinximento. Esta entrevista será valorada entre 1 e 4 puntos.

Artigo 5

As tarefas de selección establecidas no punto anterior serán realizadas por unha comisión que terá a seguinte composición:

– A secretaria xeral e do Patrimonio.

– O director xeral de Tributos.

– O subdirector xeral de Recadación, que actuará como secretario da comisión.

– O xefe territorial da Consellería de Facenda en Lugo.

Disposición adicional primeira

O funcionario que sexa nomeado recadador terá que solicitar e obter previamente á súa toma de posesión a situación administrativa de excedencia voluntaria por interese particular.

Disposición adicional segunda

Para exercer o cargo de recadador é necesaria a prestación previa de garantía na contía e na forma previstas no capítulo VII do citado Decreto 51/2000.

Disposición adicional terceira

Esta convocatoria e cantos actos administrativos deriven dela e da actuación da comisión poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO
Solicitude de posto de recadador titular da Zona de Lugo

1. SOLICITANTE

Nome e apelidos:

Data de nacemento: NIF:

Enderezo: rúa/praza:

Localidade:

CP: Provincia:

Tfno.:

Correo electrónico:

2. DATOS ADMINISTRATIVOS

Corpo/s ou escala/s

Data ingreso

Grupo

Anos

3. FUNCIÓNS RECADATORIAS

A) AO SERVIZO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA:

Posto

De

Ata

Días

/ /

/ /

/ /

/ /

/ /

/ /

/ /

/ /

B) AO SERVIZO DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS:

Posto

De

Ata

Días

/ /

/ /

/ /

/ /

/ /

/ /

/ /

/ /

4. COÑECEMENTO DO IDIOMA GALEGO

□ SI □ NON

□ INICIACIÓN OU CELGA 3

□ CURSO DE PERFECCIONAMENTO O CELGA 4

... de... de 2012

Asdo.:

Director xeral de Tributos

Rúa Pastoriza 8, 3º andar

15871 Santiago de Compostela