Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47702

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2012 pola que se corrixen os erros que foron advertidos na Resolución do 5 de novembro de 2012 pola que se convocan probas selectivas, pola quenda de promoción interna e pola quenda libre, para a provisión de prazas de técnico en prevención de riscos laborais vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Unha vez advertidos erros no anexo I, fase de concurso, da Resolución do 5 de novembro de 2012 pola que se convocan probas selectivas, pola quenda de promoción interna e pola quenda libre, para a provisión de prazas de técnico en prevención de riscos laborais vacantes no cadro de persoal laboral da Universidade da Coruña (DOG do 27 de novembro), esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada por Resolución reitoral do 16 de xaneiro de 2012, e segundo o que dispón o artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, rectifica e publica os ditos erros do xeito que se indica:

Onde di: «A antigüidade, ata un máximo de 30 puntos, valorarase a razón de 0,625 puntos por mes na categoría e grupo de técnico en prevención de riscos laborais na especialidade correspondente e 0,15 puntos por mes na categoría e grupo de técnico en prevención de riscos laborais na especialidade correspondente noutras administracións»; debe dicir: «A antigüidade, ata un máximo de 30 puntos, valorarase a razón de 0,625 puntos por mes na categoría e grupo de técnico en prevención de riscos laborais na especialidade correspondente na UDC e 0,15 puntos por mes na categoría e grupo de técnico en prevención de riscos laborais na especialidade correspondente noutras administracións».

A Coruña, 13 de decembro de 2012

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña