Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47536

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (616/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 616/2012, deste xulgado do Social, seguido por instancia de Encarnación Mosquera Guimarey contra a empresa Hostelería Coruñesa Agoi3, S.L., sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

Sentenza.

A Coruña, 26 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 616/2012, en que foi demandante Encarnación Mosquera Guimarey, representada polo letrado Sr. García Vilaboy, e demandada a empresa Hostelería Coruñesa Agoi3, S.L. Da mesma maneira foi citado o Fondo de Garantía Salarial.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Encarnación Mosquera Guimarey contra a empresa Hostelería Coruñesa Agoi3, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato da demandante e condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, co aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a desta sentenza, ascenden á cantidade de 8.581,78 euros, aos cales se lles deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 43,12 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento a Encarnación Mosquera Guimarey da cantidade de 1.681,68 euros, en concepto de indemnización.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe.

E para que lle sirva de notificación a Hostelería Coruñesa Agoi3, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

A Coruña, 29 de novembro de 2012

A secretaria xudicial