Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47535

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (622/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que por resolución ditada o día 28 de novembro de 2012, no proceso seguido por instancia de José Ramón Muñiz Castro contra Magneto Galicia, S.A. e Fogasa, en reclamación por salarios, rexistrado co número 622/2010, se acordou notificar a Magneto Galicia, S.A. a resolución de sentenza seguinte:

«Resolvo que estimando a demanda interposta por José Ramón Muñiz Castro contra a empresa Magneto Galicia, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de mil oitocentos oitenta e oito euros e cincuenta e sete céntimos (1.888,57 euros), incrementada co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, e fágaselles saber que é firme.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

E para que lle sirva de notificación a Magneto Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 3 de decembro de 2012

A secretaria xudicial